lunes, 18 de junio de 2012

A Festa da Coca de Redondela!

No Corpus fomos a Redondela porque era... ¡a festa da Coca!.

Foto: Elisardojm. licenza CC-BY-SA
A Coca é un dragón que vai na procesión do Corpus, pero é un dragón moi especial... Ó principio pode dar un pouco de medo pero realmente non fai dano, só asusta un pouco.

Foto: Elisardojm. licenza CC-BY-SA
Foto: Elisardojm. licenza CC-BY-SA

Benito é o que coida da Coca, sábeo todo sobre ela.

A Coca fai moitas cousas, move a cabeza e abre e pecha a boca.

 
Video: Elisardojm. licenza CC-BY-SA


Pero o mellor de todo é isto:
Os nenos poden entrar na Coca e facer que mova o pescozo e a boca!!. Foto: Elisardojm. licenza CC-BY-SA

Para a procesión do Corpus de Redondela fan unhas alfombras de flores e por elas desfilan os bailaríns que fan a Danza das espadas e as Penlas coas Burras.

Foto: Elisardojm. licenza CC-BY-SA
E este é o Baile das espadas coas Penlas bailando enriba das Burras:


Mirade que boa é a Coca, deixa subir ós nenos na cola e no pescozo!!.

O ano que ven a ver se imos outra vez e fai mellor día :). Foto: Elisardojm. licenza CC-BY-SA